sexta-feira, 4 de março de 2011

Por que é preciso votar ao nacionalismo de esquerdas para a Xunta de Facultade?


Por que é preciso termos á esquerda representándonos nas Xuntas de Facultade?

Nos tempos que corren os estudantes temos que dotarnos de mecanismos de defensa ante o desmantalemento dos servizo públicos que se ven impulsando nos últimos anos polos lobbies de presión financeiros e empresariais. A actual crise económica na que nos atopamos está servindo de perfecta excusa aos gobernos do Estado e a Xunta para recurtar as partidas orzamentarias dedicadas á Universidade.

Esta realidade podémola ver cunha mínima análise, que moitas veces se nos oculta, e que afectará especialmente aos estudantes de Boloña. Por exemplo, este último ano reduciuse a proporción de bolsas a fondo perdido (as bolsas tradicionais) polos préstamos-renta. As condicións destes préstamos, que substituirán ás tradicionais bolsas cando os estudantes de Boloña queiran realizar un posgrao ou máster, terán que ser devoltos CON INTERESES, que segundo a orde ministerial de Ciencia e Tecnoloxía do 18 de decembro de 2010 aproximarase ao índice do Euribor, situado nun 1,5% actualmente.

Así mesmo, USC aprobou este ano uns orzamentos enormemente restrictivos co apoio dos colectivos universitarios de dereitas, algo que supón unha redución brutal da calidade de servizos como o de Bibliotecas, cuxas partidas diminuíron preto dun 40% (podédelo comprobar na páxina 24 da Presentación dos Orzamentos aos Departamentos). Ademais esta restricción da Xunta, asumida sen resistencia pola Reitoría, trouxo consigo un recorte do 75% dos remanentes da facultade de Ciencias da Comunicación, é dicir, dos aforros que esta facultade leva gardando dende hai anos. Consecuencia desta política? A facultade conta agora mesmo cun orzamento máis que reducido para mercar material de calqueira tipo imposibilitando unha mellora da oferta académica en materias como a de fotografía, que non pode dotarse de máis cámaras.


Por que é preciso termos ao nacionalismo representándonos nas Xuntas de Facultade?


A Univesidade non pode seguir sendo, como pasou ao longo da historia, unha institución desconectada da realidade socio económica do país. Ten que actuar como un axente ao servizo do desenvolvemento de Galiza e da cultura e lingua que nos diferenza como pobo. A USC, e a nosa facultade concretamente, deben desempeñar unha labor activa na normalización e dignificación da lingua que nos é nosa, non só na vida académica senón tamén no panorama mediático no que nos inseriremos ao saír da facultade. Non podemos seguir formando xornalistas que non teñan dereito a exercer xornalismo en galego no futuro. Non podemos seguir formando xornalistas que teñan que marchar da terra por non termos traballo. A Universidade como institución científica ao servizo da verdade debe ser un espazo de reflexión e debate sobre como podemos ter un sistema mediático propio e no noso idioma, de cara a afortalar as bases da nosa democracia e da nosa cultura. Para isto os Comités nos últimos anos fixemos un traballo importante solicitando a reactivación da Comisión de Normalización Lingüística e a aprobación nela de 3 grandes proxectos que vencellan galego e xornalismo.


Por iso mesmo, o 9 e 10 de marzo vota aos candidatos dos Comités a Xunta de Facultade. Vota a:

- Manuel Varela (3º Xornalismo)
- Sara Alonso (3º Xornalismo)
- David Fernández (3º Xornalismo)
- Cibrán Tenreiro (3º Audiovisual)
- Patricia Lamas (4º Xornalismo)
- Miguel Rodríguez (3º Xornalismo)
- Iris Domato (3º Xornalismo)
- Paula Casares (3º Xornalismo)
- David Correa (3º Audiovisual)
- María Bragado (1º Xornalismo)
- David Fontán (1º Xornalismo)
- Antía Geada (1º Xornalismo)
- Ramón Nogueira (1º Xornalismo)
- Cristina Míguez (1º Xornalismo)
- Alexandre Vázquez. (3º Xornalismo)