terça-feira, 22 de dezembro de 2009

Algunhas apreciacións ós artigos de Xornal e El País sobre a sesión da Asemblea Nacional do Poder Popular de Cuba

Neste artigo analízase o tratamento informativo que fai Xornal de Galicia e El País diante dunha información relativa á economía cubana. Está feito por Adrián Dios, un compañeiro do Comité de Económicas que agora mesmo está estudando na illa. A fonte orixinal aquí.

Hoxe tiven oportunidade de ler en Internet os artigos que estos xornais fan sobre a última sesión da Asemblea Nacional do Poder Popular de Cuba. Quería facer algunhas puntualizacións sobre os dous artigos, para aclarar algunhas dúbidas que se poidan presentar e, por que non, para dicir en que partes están mentindo literalmente.
Xa aviso que esto vai ser un post bastante longo, pero creo que paga a pena que a análise sexa o suficientemente profunda:


Diario El País, por Mario Vincent.
“Cuba admite que la crisis le ahoga” - Despois de revisar os discursos de Raúl Castro (Presidente do Consello de Estado e de Ministros), Marino Murillo (Ministro de Economía e Planificación) e de Osvaldo Martínez (Presidente da Comisión para Asuntos Económicos) non din atopado a palabra “afogar”. Polo tanto, non o admiten.
Na sección “A Fondo” toman como forma de Estado en Cuba unha “República Comunista”. A Constitución de 1976 afirma que Cuba é un “Estado socialista de obreros, campesinos y demás trabajadores manuales e intelectuales”. Non é o mesmo.
“Murillo no mencionó directamente la situación de medio centenar de empresarios extranjeros a quienes los bancos cubanos retienen sus depósitos. Cálculos extraoficiales cifran en más de 600 millones de dólares (420 millones de euros) los fondos extranjeros que no se pueden transferir debido a la falta de liquidez, y no se adivina una solución a medio plazo. “Los compromisos financieros existentes determinan que la situación sea muy tensa”, admitió a los diputados. Castro dijo después que “se ha reducido en más de un tercio las retenciones de pagos acumuladas desde el exterior” y afirmó que se honrarán los compromisos adquiridos.”
Respecto a estos pagos en divisas ó exterior, o problema esencial é a lentitude de transferencias, non o conxelamento dos pagamentos. Citando a Raúl: “El primero de Agosto desde este podio me referí a la entrada en vigor de nuevos procedimientos para agilizar las transacciones con el exterior. Hoy puedo anunciar que se han reducido en más de un tercio las retenciones de pagos acumuladas en aquella fecha […], ratificamos la firme voluntad de seguir honrando hasta el último centavo de los compromisos asumidos”. Pola súa parte, Murillo afirma que “se han iniciado negociaciones para la reprogramación de deudas con algunos países y proveedores, a los efectos de garantizar el cumplimiento de los pagos en condiciones más favorables” Polo tanto, o conxelamento só é producido por renegociacións ou por problemas burocráticos, non por falta de liquidez. De feito, non sei como é posible que “cálculos extraoficiais” teñan acceso ás contas do Estado cubano. Por outra banda, gustaríame citar diñeiro que SI está conxelado. A finais de 1958, os dirixentes da ditadura de Batista fixeron mover 424 millóns de dólares en divisa e ouro cara bancos de USA. Esos 424 millóns de dólares seguen nesos bancos porque Estados Unidos impide o seu retorno. Evidentemente, ninguén fala deso.
“El ministro cubano de Economía trazó un panorama más negro que gris de la crisis: en relación a 2008, este año las inversiones disminuyeron un 16%, mientras que las exportaciones decrecieron un 22% y las importaciones un 37,4%, una cifra descomunal que trae a la memoria de los cubanos infaustos recuerdos. Otros datos reveladores son que el sector industrial decreció un 2% y que la productividad del trabajo, ya de por sí escasa en Cuba, cayó un 1,1%. La situación se vio agravada en 2009 por varios factores: la crisis financiera internacional, el embargo estadounidense y las secuelas de los huracanes, que provocaron pérdidas por 10.000 millones de dólares, en primer lugar. Además, en el periodo bajaron los precios del níquel, principal producto cubano de exportación, y descendieron los ingresos por concepto de turismo y de servicios ofrecidos a Venezuela. En resumen, una ruina….” Encántame a última frase dese parágrafo “En resumen, una ruína…”. Frase lapidaria nun artigo serio do xornal máis lido (con permiso de Marca) do Estado Español! Agora, falando sobre os datos que dá o artigo: a caída do investimento vén dada pola caída do investimento externo, é dicir, por culpa da crise capitalista. As exportacións decrecen un 22% e as importacións un 37%, segundo o analista iso é unha catástrofe que recorda ó Periodo Especial. Pero non se dá conta de que significa unha recomposición das contas exteriores? Alguén coñece un concepto que se chama déficit exterior? Pois o goberno cubano busca que chegue a 0, e mira, deu un paso importante nese sentido este ano! De feito, creo que vendo a economía española, Mario Vincent podía calar a boca, xa que España é o segundo país máis endebedado do planeta (por detrás, evidentemente, dos Estados Unidos de América). Por outra banda fala da caída do 2% do sector industrial, pero non nomea o crecemento do 4,5% do sector agropecuario e o aumento do 4% no sector servizos (con maior peso relativo na economía que o industrial). Efectivamente, a produtividade descende un 1%. Ese é un enorme problema da economía cubana, que parece que non se vai resolver para o ano 2010. Como podemos ver se nos paramos a ler con calma, todos os problemas que afronta Cuba e “son unha ruina” son factores externos: a propia crise, que xa citei, e que vén do Centro; o “embargo” estadounidense, que é un bloqueo en toda regla [Entre 1962 e 2003, o bloqueo ocasionou perdas a Cuba por valor de 76.325 millóns de dólares]; secuelas de desastres meteorolóxicos, que supuxeron un enorme trasvase de recursos respecto ó plan orixinal; descenso de prezos do níquel producido pola especulación no sistema internacional; descenso de ingresos por turismo; en canto ós servizos con Venezuela, non atopo iso nos discursos, e non teño claro que sexa certo, en especial no marco dos novos acordos do ALBA.
“En un país como Cuba, hablar de que es imprescindible “reducir los gastos sociales” tiene una lectura muy clara. No se han especificado medidas concretas, pero se especula con la posibilidad del próximo anuncio de un paquete de restricciones que hará más difícil la vida de los cubanos. Por dónde irán los tiros, todo el mundo se lo imagina.”
Quero facer énfase en dúas frases: “Tiene una lectura muy clara” e “todo el mundo se lo imagina”. Pois vaia xornalista, xa todo o mundo o sabe, xa non o digas! De tódolos xeitos, a lectura esa tan clara o probe non é capaz de facela. Mentres di que é moi claro todo afirma que se especula co que pode pasar. Clarísimo todo, graciñas! A redución de gastos sociais vai asociada á supresión da libreta (que daba alimentación gratuíta á poboación), esta é a única medida tomada polo Executivo até o momento nese campo.
Entón, especulando un pouco así para ver a lectura clara e afirmar o que todo o mundo imaxina, por onde irían esas reducións sociais que farían peor a vida dos cubanos? Igual en reducir os permisos de maternidade / paternidade de UN ANO para cada un con salarios pagos, suprimir a educación gratuíta onde o Estado proporciona até libretas e lápices a todos os estudantes, suprimir un sistema sanitario no que até a cirurxía estética baixo problemas psicolóxicos é gratuíta ou reducir o número de persoal que coida de anciáns na súa propia casa de forma gratuíta para a familia? Eso son só exemplos de reducións sociais que podería facer Cuba, e aínda reducíndoas, atopámonos cun sistema con maiores prestacións sociais que o do Estado Español. Así que miremos un pouco tamén para nós a ver o que temos antes de criticar o dos demáis
“-La economía echa el freno. En 2009, el Gobierno tuvo que reducir dos veces la meta de crecimiento de la economía: del 6% inicial, se rebajó al 2,5% y, antes de terminar el año, el pronóstico se redujo a alrededor del 1,7%. Finalmente, el ministro de Economía, Marino Murillo, dijo ayer que el crecimiento de la economía llegará sólo al 1,4%.” O pronóstico inicial tan elevado deuse porque o ano 2008 supuxo o de maior crecemento dende o comezo do Período Especial en tempos de Paz (1992), con algo máis do 6%, se non me lembro mal. A redución veu dada por cambios na situación exterior asociadas á crise capitalista, e aínda así o crecemento foi superior ó 1% e xa se superou a parte crítica, polo que o crecemento para o ano 2010 será dun 2% aproximadamente. Fago unha pequena pregunta: pero en España non caeu o PIB este ano? Pois parece que Cuba é capaz de manter o crecemento mellor que a maioría dos países Occidentais!
“El desabastecimiento en las tiendas de divisas es general. Hay recortes en el consumo eléctrico para evitar los apagones. Algunas empresas han cerrado.”
Seguro que o problema das tendas en divisas é o desabastecemento? De feito, o problema non é o desabastecemento, é a baixa capacidade adquisitiva, pero aquí fanse análises como dan a gana. Recortes no consumo eléctrico? Estanse levando a cabo obras realmente importantes na zona oriental da illa precisamente no sentido contrario, os recortes son cada vez menores. Igual é que o noso amigo Mario non escoitou falar da Revolución Enerxetica que cambiou totalmente o panorama eléctrico do país. Por outra banda, non está mal recordar que o 97% da poboación ten acceso a electricidade. Podemos dicir iso en Galiza? E algunhas empresas pecharon! Iso recórdame o caso dunha pequena empresa chamada General Motors que parece ser que ía pechar tamén…Así que non é unha novidade que unha empresa peche; o que sí é interesante é que os super malos tiranos comunistas deixan que existan empresas!
“[…] Entre otras medidas, el Gobierno ha empezado a eliminar los comedores obreros. Algunos alimentos han salido de la libreta de racionamiento. En las tiendas y centros laborales del Estado se prohíbe usar el aire acondicionado durante gran parte de la jornada, y las empresas que no aportan divisas a la economía han sido cerradas.”
A eliminación de comedores obreiros e a redución da libreta foron medidas que saíron dos CDR. De feito, a xente estaba pedindo isto dende fai varios anos. O do aire acondicionado é certo, eu vívoo na miña biblioteca. Simplemente, os edificios teñen un plan enerxético que cumplir para evitar o sobreuso, e hai que reducir os gastos. Moitas veces o problema é dun gasto irracional e non dunha falta real de enerxía, pero o caso é que a veces papas calor. O das empresas é unha estupidez en toda regla, sen base real.
“-Mal estado de la vivienda. De los 3,5 millones de viviendas que hay en Cuba, la mitad se encuentra en estado regular o malo. La situación empeoró notablemente el año pasado, cuando los tres huracanes que arrasaron la isla provocaron derrumbes y daños en cerca de 600.000 viviendas, un 15% de las existentes.”
Un dos problemas esenciais da vida diaria dos cubanos. Hai importantes programas de reconstrucción de vivenda, pero os problemas cos ciclóns no 2008 fixeron mover os recursos a vivendas que quedaron totalmente destrozadas, o que limitou a reconstrucción das programadas. Non teño datos das reparacións do ano 2009, pero sí sei que se construiron 30.000 vivendas novas. Cifra notable pero insuficiente para as necesidades reais.

Artigo de Xornal, por Hugo L. Sánchez
“Raúl Castro pide a los cubanos que se aprieten todavía más el cinturón”. Tería sido divertido escoitar a Raúl dicir: “cubanos, vamos a apretarnos más el cinturón!”. Pero non o dixo
A maioría do artigo vai na mesma liña que o do País, así que irei ás partes novas:
“En su discurso de una hora en la conclusión de la segunda reunión plenaria de la Asamblea Nacional, el presidente anunció que “se ha retomado la planificación a mediano plazo”. Esto significa volver al viejo esquema de los planes quinquenales adoptado por los países comunistas, que no dieron los resultados esperados ni en esas naciones ni en Cuba.”. Bueno, o maior crecemento económico de toda a historia da humanidade foi o da URSS dos anos 30 cos seus primeiros plans quinquenais, e os maiores crecementos económicos en Cuba foron a través dos plans quinquenais de 1970 - 1975 e 1980 - 1985. Seguro que non dan os resultados?
“Todo hace indicar que esos cambios pueden concretarse primero en la agricultura, que constituye “un asunto de seguridad nacional”.” Efectivamente, en Cuba cúmplese rigurosamente a seguridade alimentaria, ningún cubano morrerá de fame. A ver se aprendemos.
“La agricultura cubana se encuentra asfixiada, al igual que el resto de la economía. Pero en este sector, ante la urgencia de producir alimentos dado que el país importa más del 70% de los que consume, se han dado pasos que no podían ser ni soñados en tiempos de Fidel. Así, han sido entregadas 920.000 hectáreas de tierras ociosas a más de 100.000 campesinos. De esas extensiones, el 45% aún no han sido cultivadas”
A agricultura cubana está asfixiada pero medra un 4.5%, igual que a economía cubana, que medra un 1.4%. Pois menos mal que está asfixiada! Como estará a economía entón dos países en recesión! Un grave problema é o da importación de alimentos, o que supón o 25% do gasto externo de Cuba. Moitísimo peso ó movemento cooperativista para revertir esta situación. Sobre a entrega de terras: esas 920.000 hectáreas foron entregadas en usufructo ós solicitantes, de forma GRATUÍTA e pagando os investimentos iniciais para a produción do terreo. Unha medida que se debería aprender en moitas partes do mundo. O 45% non están cultivadas porque antes de cultivar hai que preparar esas terras, por falta de tempo e por problemas burocráticos. Tamén é moi gracioso o de “en tiempos de Fidel”. En que tempos de Fidel? Porque estivo moito no poder! Se fala dos anos 90, efectivamente a situación era crítica, pero se fala dos 80, que tamén eran “tempos de Fidel” a produción agraria era case a totalidade do consumo interno. A ver se falamos con propiedade
“Castro aún fue más allá al anunciar la aceptación de normas de la economía de mercado cuando dijo a los productores que, “tras cumplir con las entregas pactadas con el Estado”, les será permitido vender en el mercado los excedentes, “bajo las reglas de la oferta y la demanda”"
Que tirano tan raro Raúl que deixa que a xente compre e venda! Que fracaso os comunistas que necesitan do mercado! Moitas cousas parecidas a esa poden dicirse. O certo é que unha economía en transición ó socialismo necesita elementos do réxime anterior e a venta no mercado libre eleva a produtividade e chega a segmentos de mercado a veces ignorados polo reparto estatal. Creo que con 2 dedos de frente é suficiente para ver a lóxica da idea.
“El Parlamento, que carece de edificio y efectúa sus reuniones en el Palacio de Convenciones de La Habana, solo se reúne un día cada seis meses, tiene una limitada actividad legislativa y aprueba todas las leyes por unanimidad.”
O Parlamento non carece de edificio, se non que está en obras. Reúnese a Asemblea Nacional do Poder Popular unha vez cada 6 meses, porque os seus representantes fan reunións en todos os órganos inferiores (CDR, circunscripción, municipio, provincia…). As xuntanzas reais dos parlamentarios son moitísimo maiores que nunha democracia formal burguesa, e non só se reunen entre eles de forma endogámica, se non que van de abaixo arriba e viceversa. As leis fanse en base ó consenso. De tódolos xeitos, o tema do centralismo democrático ou a democracia en Cuba daría moitísimo para falar, e non me interesa neste tema.


Até aquí a miña pequena reflexión sobre os dous artigos, espero que sirva de algo para ver un pouquiño máis a realidade!

domingo, 20 de dezembro de 2009

Última Xunta de Facultade do 2009

Os Comités de CC. da Comunicación tamén queremos empregar este blog como un xeito útil de informar de todo o que se acorda nos organismos de goberno da facultade onde nós, os estudantes, temos voz e voto a través dos representantes que democraticamente eliximos. Un destes órganos é a Xunta de facultade que este pasado venres celebrou a súa derradeira xuntanza do ano.

Balance do Decano do ano 2009

Esta Xunta tivo un carácter meramente de trámite no que o Decano fixo un balance do traballo realizado durante o ano 2009 na facultade. E neste traballo os Comités tivemos unha presenza e implicación constante. A nosa organización foi decisiva en cuestións vitais, como a implantación do novo plano de estudos na nosa facultade, así como impulsora de medidas que melloran a vida e traballo no noso centro, como a electrificación das aulas, a apertura dunha terceira aula de informática nas épocas do ano máis concorridas, a dispoñibilidade inmediata dos portátiles da universidade ou a reactivación das comisións de normalización lingüística e actividades extracurriculares.

Balance dun ano no que os Comités levamos a cabo un traballo incansábel por mellorar a formación e defender os dereitos de tod@s estudantes da facultade!

E no 2010 continuaremos!!

Comités, de novo a única organización estudantil na Xunta

Hai veces nas que o compromiso non se demostra só con palabras senón tamén con feitos. E diso os Comités de Comunicación sabemos bastante. Desta vez, de novo fomos a única organización estudantil que acudiu á convocatoria da Xunta. Nin AGIR, con representación pola etapa anterior, nin os representantes de ELGa, que foran convidados polo Decano sen dereito a voto mentres non se constituíse a nova xunta, fixeron acto de presenza.

quinta-feira, 3 de dezembro de 2009

Eleccións a Xunta de Facultade: vitoria dos Comités

Hoxe celebráronse eleccións a Xunta de Centro na Facultade de Ciencias da Comunicación. A falla dunha valoración oficial por parte dos Comités, queremos compartir con todos vós os resultados deste proceso electoral. A continuación poremos unha lista coas persoas que foron electas e coas que quedaron fóra. Asemade, figurará ao carón do nome a candidatura pola que se presentaban e o número de votos acadados.

Electos
Miguel Rodríguez Fernández (Comités) --> 105 votos
Duarte Romero Varela (Comités) --> 101 votos
Alexandre Vázquez Lorenzo (Comités) --> 89 votos
Paula Martínez Casares (Comités) --> 82 votos
Cibrán Tenreiro Uzal (Comités) --> 72 votos
María Fernández Villamarín (Comités) --> 71 votos
Patricia Lamas Rivero (Comités) --> 68 votos
Karina Rivero Conde (Comités) --> 59 votos
Raúl Ríos Rodríguez (ELGa) --> 35 votos

Non electos
Sandra Lema Alvarellos (ELGa) --> 30 votos
Adrián Pájaro Martínez (ELGa) --> 29 votos
Denís Iglesias Llamas (Agir) --> 29 votos
Lorena Otero Santiago (ELGa) --> 27 votos
Daniel Luaces Eiras (ELGa) --> 18 votos
Ángel Mato Álvarez (ELGa) --> 18 votos
Marina Rey Yebenes (IESGA) --> 17 votos
Tamara Peña Vázquez (IESGA) --> 16 votos
David Canto Veiga (Agir) --> 13 votos

Datos de participación
Nº de electores: 736
Nº de electores que votaron: 194
Nº de papeletas válidas: 190
Nº de papeletas nulas: 4
Nº de papeletas en branco: 2
Porcentaxe de participación: 26%

Terceiro ciclo
Ao presentarse menos candidatos que postos a cubrir proclamouse a Paulo Carlos López López, membro dos Comités, representante na Xunta de Facultade sen necesidade de votación.

Outros datos
Os Comités continúan a ser a forza máis votada da Facultade de Ciencias da Comunicación, controlando o 90% da representación estudantil en Xunta de Centro. Aos oito representantes de 1º e 2º ciclo hai que engadirlle o de terceiro, que foi elixido sen necesidade de votación. Nas pasadas eleccións, o número de membros da nosa organización neste órgano era o mesmo que agora, pero a outra persoa electa era militante de Agir. A participación subiu nuns seis puntos a respecto do ano pasado.

Nos vindeiros días subiremos unha valoración oficial dos resultados. De momento dicirvos que moitas grazas por confiardes en nós e asegurarvos que seguiremos a traballar como até agora, mais non só na Xunta de Facultade, senón a pé de rúa, que é onde está a nosa verdadeira forza.

ADIANTE COS COMITÉS!
POR UN ENSINO PÚBLICO, GALEGO, DEMOCRÁTICO E DE CALIDADE!

terça-feira, 1 de dezembro de 2009

Por que ELGa minte?

Análise crítico do programa electoral de ELGa Ciencias da Comunicación

Ante o programa electoral presentado por ELGa, os Comités de Ciencias da Comunicación, organización que leva moitos anos a pular polo estudantado desta facultade, vémonos na obriga de sinalar os defectos dunha proposta que denota a falla de interese real nas súas mecesidades.

-Mellora do alumeado nos aseos: Non é posíbel por atoparnos nunha facultade de deseño. Até os dez anos da inauguración (o vindeiro ano) non se poden realizar obras de modificación que non conten co permiso do arquitecto.

-Zonas de estudo: Non hai espazo físico. A alternativa é a sala wifi que foi mellorada (maior número de mesas e cadeiras) grazas á acción dos Comités.

-Arranxar o pavimento: Non depende da facultade, depende da propia Universidade e máis do Concello. Os Comités, sendo unha organización que aspira a traballar alén da facultade, podemos enfrontar problemas globais da USC.

-Compra de novo material informático: O material informático da aula 4 é recente, a facultade debe priorizar outros aspectos na procura da eficiencia.

-Axuda aos colectivos de discapacitados: Contamos cunha facultade boa en accesos a diminuídos físicos.

-Espazo de lecer: Iso dependería da propia cafeteria que traballa en réxime de concesión, non da facultade.

-Aumentar a colaboración cos medios de comunicación: Poderían ser máis explícitos?

-Debates: Non é preciso ter representación en xuntas de facultade para iso. Pode (e debe) traballarse desde a base na universidade.

-Compra de programas informáticos: É preciso apoiar o software libre: económicamente sustentábel, socialmente xusto e que en ocasións mesmo supera ás licenzas privadas.

-Espazo de emisión da radio da facultade: Esta iniciativa xa a propuxeron os Comités. A relación con outros medios debe decidila todo o estudantado: iso é unha radio democrática.

sexta-feira, 13 de novembro de 2009

Imaxinas vivir nun país normal? O galego nos medios audiovisuais

Imaxinades vivir nun país normal? Unha Galiza onde a lingua propia non ficase marxinada da xustiza, do comercio ou dos medios de comunicación?

Con esta serie de charlas queremos achegar á nosa facultade a persoas de destacado recoñecemento profesional que teñen un claro compromiso co noso idioma, coa idea de que é posíbel vivir en galego e de que temos dereito. Coma nun país normal.

Así que lembrade, o vindeiro martes 24 de novembro estarán ás 12 na aula 4 da facultade de Ciencias da Comunicación o humorista e actor Carlos Blanco e a actriz Isabel Risco, que saltou á fama co programa Air Galicia. Falarannos do galego nos medios audiovisuais.

Contamos coa vosa presenza!

Mil primaveras máis para a lingua galega!

Sobre nós

QUEN SOMOS?

Os Comités é a nova organización do estudantado galego que nace co obxectivo de impulsar e imprimirlle un novo ritmo ao movemento estudantil galego, recollendo e asumindo a herdanza ideolóxica e práctica das organizacións estudantís nacionalistas (ERGA, CAF, CAE) e dando unha resposta conxunta e coordinada de todo o estudantado aos ataques que sofre o ensino do noso país.

A nosa organización, da mesma maneira que os CAF e os CAE, organízase en comités de centro (un por cada instituto, escola ou facultade). Estes comités son ABERTOS, é dicir, nos que pode participar quen quixer. As nosas decisións tomámolas de xeito colectivo en asembleas onde ti tamén tes voz.

Estamos presentes en toda Galiza nos sete campus e nas tres universidades galegas e en grande parte dos institutos do país.

A nosa acción lévase a cabo a través de campañas e mobilizacións coas que denunciamos os moitos problemas que afectan ao sistema educativo, producidos por unha política educativa que non favorece o ensino público galego e que ignora a voz das e dos estudantes. Este traballo compleméntase co traballo institucional a través dos órganos de goberno de ensino medio e das universidades galegas onde somos maioritarios (Consellos Escolares, Consellos de Goberno, Claustros, Xuntas de Facultade e Consellos de Departamento).


QUE QUEREMOS?

Os Comités recollemos a herdanza política-ideolóxica das organizacións estudantís nacionalistas que nos precederon plasmada no obxetivo político dun ensino:

GALEGO: planificado desde Galiza e en función dos intereses do pobo galego. Inserido na realidade social e cultural galega, e polo tanto cuns contidos orientados cara a transformación da nosa realidade socioeconómica e a potenciación da cultura nacional galega. Consideramos de vital importancia a inversión do proceso de desgaleguización do ensino, reivindicamos a adaptación dos currículos e da investigación ao noso país, reclamamos a existencia de estudos especificamente relacionados coa nosa realidade e co desenvolvemento socioeconómico da Galiza, defenderemos a estrita regulamentación do uso do galego para lograrmos a súa plena normalización.

PÚBLICO: financiado publicamente e suxeito a criterios que favorezan as maiorías sociais e as clases populares, garantindo o acceso ao ensino en igualdade de condicións para todas as e os estudantes.

DEMOCRÁTICO: planificado en función dos intereses das maiorías sociais e con órganos de goberno verdadeiramente democráticos nos que a presenza do estudantado teña unha incidencia real na toma de decisións.

DE CALIDADE: interdisciplinar e non memorístico que incorpore os avances da ciencia e da cultura, un ensino crítico e científico que permita coñecer os distintos enfoques metodolóxicos e que permita a autoformación das e dos estudantes.


Se queres saber máis sobre as orixes da nosa organización, preme aquí.