quinta-feira, 6 de maio de 2010

Os Comités arrasan nas eleccións a claustro

No día de onte celebráronse as eleccións a claustro, consello de departamento e reitoría. Os Comités participamos nos dous primeiros procesos obtendo un resultado excelente en ámbolos dous. A continuación compartimos con vosco os resultados obtidos

CLAUSTRO

Persoas electas

Miguel Rodríguez Fernández (Comités) --> 48 votos
Paula Martínez Casares (Comités) --> 33 votos

Persoas non electas

Lorena Otero Santiago (Comunicación Estudantil) --> 13 votos
Marina Rey Yebenes (Iniciativa Estudantil Galega) --> 8 votos
Elena Martín Lores (Sindicato de Estudantes) --> 7 votos

CONSELLO DE DEPARTAMENTO

Tradicionalmente o resto de organizacións estudantís non se presentan a este órgano porque participar nel non é politicamente rentábel. Por este motivo a candidatura dos Comités foi proclamada sen necesidade de votación.

Persoas electas en 3º ciclo

Paulo Carlos López López (Comités)

Persoas electas en 1º e 2º ciclo

Iris Domato Fernández (Comités)
David Fernández García (Comités)
Patricia Lamas Rivero (Comités)
Cibrán Tenreiro Uzal (Comités)

ELECCIÓNS A REITOR NO ESTUDANTADO

Lourenzo Fernández Prieto --> 54 votos
Juan Varela Durán --> 29 votos
Pilar Bermejo Barrera --> 19 votos
Juan José Casares Long --> 12 votos
Laura Sánchez Piñón --> 6 votos
Mercedes Brea --> 3 votos
Jaime Gómez Márquez --> 0 votos

Branco --> 14 votos
Nulo --> 6 votos


Primeira valoración

Os Comités queremos agradecer a todos e todas os que depositáchedes a vosa confianza na nosa candidatura. Mantemos firme a nosa vontade de levar a voz do estudantado ao claustro e de loitar por un ensino público, galego, democrático e de calidade.

A respecto das anteriores eleccións a claustro, hai xa dous anos, duplicamos a nosa representación acadando así o 100% dos postos dispoñíbeis na Facultade de Ciencias da Comunicación. Mais como ben saberedes, non somos unha organización amarelista que só aparece cando hai eleccións. Estamos todos os días nas aulas organizando actividades, chamando á mobilización e defendendo un modelo de universidade diferente ao que nos queren impor.

ADIANTE COS COMITÉS!

POR UN ENSINO PÚBLICO, GALEGO, DEMOCRÁTICO E DE CALIDADE!

Valoración das eleccións na USC: Os Comités voltamos gañar doblando a nosa representación

Os Comités gañamos unha vez máis nas eleccións a Claustro da USC, xa que contianuamos a ser a organización maioritaria do estudantado galego, cuns resultados que nos sitúan cunha amplísima vantaxe por diante das demais asociacións. Mais desta volta conseguimos duplicar o número de claustrais que obtiveramos nos anteriores comicios de hai dous anos. No novo Claustro da Universidade de Santiago o estudantado estará representado por 24 claustrais dos Comités (6 polo campus de Lugo e 18 polo de Compostela). Por outra banda, estes 24 claustrais proveñen de diversos centros que abranguen a práctica totalidade das facultades da USC, outorgando á nosa organización un carácter de implantación xeral. Desta forma, obtivemos claustrais en Bioloxía, Relacións Laborais, Ciencias da Educación, Enxeñería Técnica, Historia e Xeografía, Medicina, Comunicación, Económicas, Filoloxía; e en Lugo na Escola Politécnica Superior, na ETSE e en ADE. Mais a pesar do éxito acadado, temos que denunciar as irregularidade no proceso de votación, de corte caciquil, acometidas por estudantes e profesorado en beneficio de asociacións estudantís ligadas ao PP, e que se produciron con reincidencia en Dereito e Económicas.

Pero a pesar destes e outros atrancos, e de seren unhas eleccións tan competitivas que non se lembran precedentes, os intereses e dereitos do estudantado continuarán presnetes no máximo órgao de goberno universitario e con moita máis forza grazas ás e aos estudnates que confiaron, se mobilizaron e votaron Comités. Os Comités continuaremos traballando tamén no Claustro para dar unha viraxe de 180 graos na implantación de Boloña e reverter o seu efecto elitista e privatizador sobre universidade, para reducir as taxas académicas, para protestar fronte a intromisión da empresa privada e bancos na USC, para seguir defendedo o galego coma lingua vehicular da univerisdade e os dereitos lingüísticos do estudando galego.... En definitiva, tal e como fixemos no anterior periodo, os Comités continuaremos loitaremos con medidas e posicións reais e concretas en Claustro por un ensino público, galego, democrático e de calidade.

(via Comités)