Ante o programa electoral presentado por ELGa, os Comités de Ciencias da Comunicación, organización que leva moitos anos a pular polo estudantado desta facultade, vémonos na obriga de sinalar os defectos dunha proposta que denota a falla de interese real nas súas mecesidades.
-Mellora do alumeado nos aseos: Non é posíbel por atoparnos nunha facultade de deseño. Até os dez anos da inauguración (o vindeiro ano) non se poden realizar obras de modificación que non conten co permiso do arquitecto.
-Zonas de estudo: Non hai espazo físico. A alternativa é a sala wifi que foi mellorada (maior número de mesas e cadeiras) grazas á acción dos Comités.
-Arranxar o pavimento: Non depende da facultade, depende da propia Universidade e máis do Concello. Os Comités, sendo unha organización que aspira a traballar alén da facultade, podemos enfrontar problemas globais da USC.
-Compra de novo material informático: O material informático da aula 4 é recente, a facultade debe priorizar outros aspectos na procura da eficiencia.
-Axuda aos colectivos de discapacitados: Contamos cunha facultade boa en accesos a diminuídos físicos.
-Espazo de lecer: Iso dependería da propia cafeteria que traballa en réxime de concesión, non da facultade.
-Aumentar a colaboración cos medios de comunicación: Poderían ser máis explícitos?
-Debates: Non é preciso ter representación en xuntas de facultade para iso. Pode (e debe) traballarse desde a base na universidade.
-Compra de programas informáticos: É preciso apoiar o software libre: económicamente sustentábel, socialmente xusto e que en ocasións mesmo supera ás licenzas privadas.
-Espazo de emisión da radio da facultade: Esta iniciativa xa a propuxeron os Comités. A relación con outros medios debe decidila todo o estudantado: iso é unha radio democrática.
0 comentários:
Enviar um comentário