domingo, 20 de dezembro de 2009

Última Xunta de Facultade do 2009

Os Comités de CC. da Comunicación tamén queremos empregar este blog como un xeito útil de informar de todo o que se acorda nos organismos de goberno da facultade onde nós, os estudantes, temos voz e voto a través dos representantes que democraticamente eliximos. Un destes órganos é a Xunta de facultade que este pasado venres celebrou a súa derradeira xuntanza do ano.

Balance do Decano do ano 2009

Esta Xunta tivo un carácter meramente de trámite no que o Decano fixo un balance do traballo realizado durante o ano 2009 na facultade. E neste traballo os Comités tivemos unha presenza e implicación constante. A nosa organización foi decisiva en cuestións vitais, como a implantación do novo plano de estudos na nosa facultade, así como impulsora de medidas que melloran a vida e traballo no noso centro, como a electrificación das aulas, a apertura dunha terceira aula de informática nas épocas do ano máis concorridas, a dispoñibilidade inmediata dos portátiles da universidade ou a reactivación das comisións de normalización lingüística e actividades extracurriculares.

Balance dun ano no que os Comités levamos a cabo un traballo incansábel por mellorar a formación e defender os dereitos de tod@s estudantes da facultade!

E no 2010 continuaremos!!

Comités, de novo a única organización estudantil na Xunta

Hai veces nas que o compromiso non se demostra só con palabras senón tamén con feitos. E diso os Comités de Comunicación sabemos bastante. Desta vez, de novo fomos a única organización estudantil que acudiu á convocatoria da Xunta. Nin AGIR, con representación pola etapa anterior, nin os representantes de ELGa, que foran convidados polo Decano sen dereito a voto mentres non se constituíse a nova xunta, fixeron acto de presenza.

0 comentários:

Enviar um comentário