Por iniciativa dos Comités, o campus norte da Universidade de Santiago de Compostela contará cun grande evento na vindeira semana. Comprácenos enormemente presentarvos as xornadas "O mundo na encrucillada: os desafíos do século XXI", un curso formativo sobre economía, xornalismo, lingua e movementos sociais.
Celebraranse entre os días 19 e 25 de abril e constarán de dúas partes. A primeira, composta por diferentes conferencias, mesas redondas e debates, terá lugar nas facultades de Económicas, Filoloxía e Ciencias da Comunicación entre o luns 19 e o xoves 22. Para esta parte está solicitado UN CRÉDITO DE LIBRE CONFIGURACIÓN e a inscrición será completamente de balde. A segunda parte consiste nunha viaxe ao concello de Lobios na que se combinarán diferentes actividades formativas e recreativas. Tamén está solicitado OUTRO CRÉDITO DE LIBRE CONFIGURACIÓN, e o seu custe será tan só de 30€ para sufragar parte dos custes. A viaxe, o aloxamento, o almorzos e máis os xantares están incluídos no prezo. Ollo! Para participar nesta segunda parte hai que ter asistido ás conferencia dos primeiros días!
Para inscribirvos tan só tedes que mandar un correo electrónico a comitesecoade@hotmail.es poñendo o voso nome e apelidos xunto co carnet de indentidade e indicando se ides participar nunha ou nas dúas partes das xornadas.
A continuación poñemos o programa completo. Se vos gusta, non dubidedes en vos apuntar. PAGA A PENA!
LUNS 19 DE ABRIL: Facultade de CC Económicas e empresariais (Aula B)
12:00 – 14:00
Outra forma de entender o mercado galego; o caso de “R”
- Entrevista en directo a directivos da empresa de telecomunicacións R
16:00 - 17:00
Conferencia: Déficit e cambio de paradigma enerxético
- Xoán Ramón Doldán García, ex director do INEGA
17:00 – 19:00
Charla - Coloquio: Ten futuro o rural no século XXI ?
- Edelmiro López Iglesias, ex director de Desenvolvemento Rural e profesor titular da USC
- Luis Villares Naveira, xuíz de primeira instancia único na Fonsagrada e coordinador de Xuíces Pola Democracia en Galiza
- Carmen Freire, secretaria xeral do Sindicato Labrego galego
19:00 – 21:00
Mesa redonda – coloquio: Crises; e solucións ?
- Xosé Manuel Beiras Torrado, profesor emérito da USC
- Xavier Vence Deza, catedrático de Economía Aplicada da USC
- María do Carme García Negro, catedrática de Economía Aplicada da USC
Textos para traballo: “Anatomía dun eurodesastre” Paul Krugman
MARTES 20 DE ABRIL: Facultade de CC da Comunicación (Auditorio)
10:30 – 12:00
Conferencia: Propiedade intelectual e coñecemento libre
- Pedro Silva, creador de Blogaliza
- Francisco Alvarellos da Casa de Música
- Miguel Mosqueira de Ataque Escampe
12:00 – 14:00
Conferencia: Axencia Audiovisual Galega: cando Galiza estivo á vangarda da creación audiovisual
- Manolo González, antigo director da Axencia Galega Audiovisual
16:30 – 18:00
Conferencia: Linguas minoritarias na era da globalización. Creación, desenvolvemento e futuro do caso de Egunkaria
- Martxelo Otamendi, ex director de Egunkaria e actual director de Berria
Textos para o traballo: “O sumario de oito anos demostrou que non se debía clausurar Egunkaria” Imanol Murua Uria (1 hora e 30minutos)
18:00 – 19:45
Conferencia: Crise e precariedade na comunicación
- Xurxo Salgado, secretario xeral do Sindicato de Xornalistas de Galiza (SXG)
- Xosé Manuel Pereiro, presidente do Colexio de Xornalistas de Galiza
19:45 – 21:30 Proxección do documental “La revolución no será transmitida”
MÉRCORES 21 DE ABRIL: Facultade de Filoloxía (Salón de graos)
10:00 – 12:00
Conferencia: Construcción das literaturas nacionais
- Victor Obmgá, escritor africano en lingua galega
- Mª Pilar García Negro, política, escritora, sociolingüista e filóloga galega.
12:00 – 14:00
Conferencia: Como se forxou a identidade galega a través da lingua e a literatura
- Francisco Rodríguez, doutor en filoloxía románica pola USC
- Dolores Vilavedra, profesora de literatura galega da USC
16:30 – 18:30
Charla-coloquio: Linguas minorizadas a debate
- Henrique Monteagudo, sociolingüista e secretario do Consello daCultura Galega
- Sechu Sende, sociolingüista e escritor
- Francisco Fernández Rei, catedrático de filoloxía románica da USC
18:30 – 20:30
A lingua alén das fronteiras
- Proxección do documental “Fronteiras”
- Palestra a cargo de Carlos Varela, académico da RAG e presidente da asociación eo - naviega “Abertal”
Escolma de textos de literatura, sociolingüística e identidade nacional para traballar.
XOVES 22 DE ABRIL: Facultade de CC Económicas e Empresariais (Aula B)
12:00 – 14:00
Charla – coloquio: Teitos de cristal
- Rosa Cobo, representante do movemento feminista
- Rubem Centeno Paradela, representante do movemento LGTB
16:00 – 18:00
Conferencia: O movemento obreiro en Galiza
- Manuel Mera, ex-responsábel de formación da CIG
18:00 – 20:00
Conferencia: Movementos sociais, altermundismo e dereitos colectivos
- Xabier Macias, director da Fundación Galiza Sempre
- Manuel Santos, da publicación Altermundo
20:00 – 21:00
Mesa redonda: Movemento estudantil; historia e perspectivas
- Duarte Romero dos Comités
- Iago Barros de AGIR
- Azucena Rodríguez Amoroso de IESGA
--------------SEGUNDA PARTE DAS XORNADAS-------------------
VENRES 23 DE ABRIL
16.00
Saída cara o Concello de Lobios
18:30-20:30
Charla-coloquio: As problemáticas sociais do rural galego
- David Simo Traballador Social
21:30-23:30
Documental sobre a “Revolución dos cravos”
- Coloquio entre os asistentes sobre cales foron as consecuencias para Galiza dos cambios democráticos conseguiodos no Portugal postfascista.
23:30-2:00
- Contos e lendas populares da Raia Seca. (2 horas e 30 minutos)
SÁBADO 24 DE ABRIL
9:30-19:30
Roteiro polo Xurés-Jeres con ponencias sobre “Xeoloxía, Ecoloxía, Sustentabilidade, Parques aturais, Xestión da paisaxe”
- Un biólogo, un xeólogo e un inxeneiro forestal da asociación ecoloxista ADEGA
19:30-20:30
Visita guiada polo povo portugues de “Pitoes”
21:30-23:30
A separación do Reino de Galiza e as súas consecuencias políticas. Do nacemento de Portugal a incorporación da parte norte ao Reino de Castela
- Ana Bande, lingüísta
23:30-1:30
Desafíos de futuro e relacións humano económicas entre Galiza e Portugal
- J.A. Gonzalez López Economista
10.00-18:30
Visita guiada polo Concello Portugués de Montealgre
18:30
Volta para Compostela
Texto de traballo sobre a experiencia histórica do Couto mixto; cap. 1 de “Couto Mixto “La República”” , de Lage Antúnez
0 comentários:
Enviar um comentário