quinta-feira, 29 de abril de 2010

O 5 de maio, toca volver votar!

Os Comités sempre participamos en todos os proceso electorais da Universidade. Cómpre aproveitar calquera espazo de representación para facer chegar as nosas reivindicacións e garantir a presenza do estudantado nos órganos de decisión. Malia todo, somos conscientes da falla de información que hai polo que moita xente non sabe até que punto son importantes os procesos electorais.

QUE SE DECIDE DESTA VOLTA?

Estas eleccións son un tanto especiais porque coinciden nelas tres procesos ben diferenciados: as eleccións a claustro, a reitoría e a consello de departamento.

QUE VÉN SENDO O CLAUSTRO?

O claustro é o máximo órgano de decisión da Universidade. Está composto por 300 persoas entre as cales o estudantado SÓ conta cun 27%. O restante divídese entre profesorado (65%) e persoal de administración e servizos (8%).

As principais competencias do claustro son lexislar sobre os temas máis importantes da Universidade (estatuto do estudantado, regulamento electoral, estatutos...), controlar o goberno da Universidade, aprobar as liñas xerais dos orzamentos e ser o órgano onde se exprese a opinión de toda a comunidade universitaria.

E OS CONSELLOS DE DEPARTAMENTO?

Son os órganos nos que se decide a programación das materias de cada departamento. Polo tanto, as súas principais competencias son as de programación, desenvolvemento e seguimento das materias impartidas, estudos de doutoramento e cursos de posgrao, a coordinación da actividade investigadora e a formación do profesorado.

QUE POSTURA TEMOS A RESPECTO DO REITOR/A?

Os Comités consideramos que ningún/a dos/as sete candidatos/as a Reitor/a representa un modelo alternativo para transformar esta universidade. É por iso que che pedimos o voto en branco para non afundir con eles e con elas.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------

O NOSO POSICIONAMENTO NO CLAUSTRO

QUE OPINAMOS DAS RESIDENCIAS?

Pedimos unha solución para a precariedade na que se atopan algunhas residencias públicas. Asemade, demandamos que primen os criterios económicos fronte aos académicos á hora de acceder a unha praza e que estas cubra polo menos un 15% dos matriculados na USC. Defendemos o mantemento do seu carácter público e a súa autoxestión por parte dos e das residentes.

QUE OPINAMOS DA LINGUA?

Esiximos o desenvolvemento do Plano de Normalización Lingüística da USC, de xeito que se extenda o uso do noso idioma en toda a comunidade universitaria. Demandamos que todos os exames e entreguen primeiramente en galego e que prime o dominio da lingua propia na contratación do profesorado.

QUE OPINAMOS DA DOCENCIA?

Esiximos que se garanta a docencia das licenciaturas e diplomaturas namentres estas non se extingan. Asemade, pularemos pola eliminación do límite de prazas que na actualidade se están a reducir cada día máis froito do proceso de Boloña.

QUE OPINAMOS SOBRE AS INFRAESTRUTURAS?

Non pode chover máis dentro das facultades que fóra. Ten que ser unha prioridade da USC solucionar as carencias que hai nas súas instalacións.

QUE OPINAMOS SOBRE A SITUACIÓN FINANCIERA?

Abonda de recortes! A Xunta ten que garantir o financiamento da universidade pública. O claustro é unha boa ferramenta para presionar o goberno de Feijoo.


O VINDEIRO DÍA 5 EMBÁRCATE CON NÓS!

VOTA A PAULA MARTÍNEZ CASARES OU A MIGUEL RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ!

0 comentários:

Enviar um comentário