quinta-feira, 6 de maio de 2010

Valoración das eleccións na USC: Os Comités voltamos gañar doblando a nosa representación

Os Comités gañamos unha vez máis nas eleccións a Claustro da USC, xa que contianuamos a ser a organización maioritaria do estudantado galego, cuns resultados que nos sitúan cunha amplísima vantaxe por diante das demais asociacións. Mais desta volta conseguimos duplicar o número de claustrais que obtiveramos nos anteriores comicios de hai dous anos. No novo Claustro da Universidade de Santiago o estudantado estará representado por 24 claustrais dos Comités (6 polo campus de Lugo e 18 polo de Compostela). Por outra banda, estes 24 claustrais proveñen de diversos centros que abranguen a práctica totalidade das facultades da USC, outorgando á nosa organización un carácter de implantación xeral. Desta forma, obtivemos claustrais en Bioloxía, Relacións Laborais, Ciencias da Educación, Enxeñería Técnica, Historia e Xeografía, Medicina, Comunicación, Económicas, Filoloxía; e en Lugo na Escola Politécnica Superior, na ETSE e en ADE. Mais a pesar do éxito acadado, temos que denunciar as irregularidade no proceso de votación, de corte caciquil, acometidas por estudantes e profesorado en beneficio de asociacións estudantís ligadas ao PP, e que se produciron con reincidencia en Dereito e Económicas.

Pero a pesar destes e outros atrancos, e de seren unhas eleccións tan competitivas que non se lembran precedentes, os intereses e dereitos do estudantado continuarán presnetes no máximo órgao de goberno universitario e con moita máis forza grazas ás e aos estudnates que confiaron, se mobilizaron e votaron Comités. Os Comités continuaremos traballando tamén no Claustro para dar unha viraxe de 180 graos na implantación de Boloña e reverter o seu efecto elitista e privatizador sobre universidade, para reducir as taxas académicas, para protestar fronte a intromisión da empresa privada e bancos na USC, para seguir defendedo o galego coma lingua vehicular da univerisdade e os dereitos lingüísticos do estudando galego.... En definitiva, tal e como fixemos no anterior periodo, os Comités continuaremos loitaremos con medidas e posicións reais e concretas en Claustro por un ensino público, galego, democrático e de calidade.

(via Comités)

0 comentários:

Enviar um comentário